sábado, 10 de maio de 2014

Godzilla.

Godzilla é un monstro xaponés ficticio protagonista de numerosas películas que o converteron nunha das personaxes cinematográficas máis coñecidas do mundo. Apareceu en pantalla por primeira vez no ano 1954, na película Gojira, producida polos estudos Toho. O citado monstro apareceu en 28 películas xaponesas ata a data e tamén nun controvertido e de dudosa calidade remake estadounidense no ano 1998. Godzilla é quizais a referencia máis popular da cultura xaponesa do século XX, sendo descrito coma un enorme dinosaurio mutante, que xera e e salva do caos a Tokio, polo que ten sido considerado un antiheroe. A súa popularidade decreceu cos anos, pero segue a ser a icona por excelencia do xénero kaiju (monstros xigantes). Acostúmase a dicir que os estudos Toho pensaran en Godzilla coma unha especie de metáfora do medo que Xapón sentiu tras os bombardeos de Hiroshima e Nagasaki.
O vindeiro 16 de maio chegará aos nosos cines un novo remake de Godzilla, o segundo en ser totalmente feito por unha produtora estadounidense. Será dirixido por Gareth Edwards e contará entre o seu reparto, entre outros, con Bryan Cranston (Breaking Bad) e Ken Watanabe (Inception). Como sempre ocorre cos remakes, os deseños estiveron a xerar controversias, ao que Edwards contestou: "O modo no que intentei ver a Godzilla foi no de imaxinar que era unha cristura real, e alguén do estudo Toho viuno nos anos 50, volveu correndo ao estudo para facer unha película sobre o que acababa de ver". Tamén afirmou que estaría encantado de que a súa revisión do mito da ciencia ficción xaponesa fose tido en conta como parte do grupo xaponés, o grupo Toho.
¿Que veremos con este novo Godzilla? Eu penso que só existen dúas posibilidades: Por unha parte, que a película sexa un despropósito de efectos especiais, tiros e chistes malos, e, por outra parte, que a película nos amose unha historia ben levada cun monstro arrepiante.

sábado, 15 de marzo de 2014

A Industria da Banda Deseñada en España.


Como todos, ou case todos, sabemos, España non é un país acertado en decisións políticas,
económicas...etc. Gustaríame tratar o tema da banda deseñada, comic, tebeo, historieta ou como se chame. Desde fai xa uns anos observamos que en España a industria do cine non acaba de funcionar, quitando a algúns coma Alejandro Amenábar ou Jaume Balagueró, a maior parte dos directores de cine españois dedícanse a facer películas ríndose do propio país. ¿Por que empurrar ao cine e non á banda deseñada? O comic é un seitor que sempre tivo un cariño especial por parte de moita xente en España. Dende o meu punto de vista existe un enorme potencial nesta área da literatura, tan só hai que pensar en cales son as maiores personaxes ficticias da España contemporánea: Mortadelo e Filemón, Zipi e Zape, O Capitán Trueno... Aínda que soe esaxerado, estes son os Don Quijotes da nosa época, pero seguimos sen tomar en serio esta industria. Quizais debiamosnos fixar no exemplo de Xapón. A día de hoxe, o manga (banda deseñada propia de Xapón) constitúe o 40% de todas as ventas de lecturas no país do sol nacente, é dicir, de cada 100 revistas, libros, xornais, manuais...etc que se mercan en Xapón, 40 son mangas. Se sumasemos a cantidade de tomos vendidos de Bola de Dragón e á cantidade de tomos vendidos de One Piece, obteríamos unha suma duns 425 millóns de exemplares. É máis, xunto aos aparatos electrónicos (Sony e Nintendo son xaponesas) o manga é unha das maiores exportacións de Xapón (Bola de Dragón, Supercampeóns, One Piece, Doraemon, Shin-Chan...etc.). Volvendo ao fío, o cómic, debería ser tomado máis en serio, tanto coma o cine, a literatura escrita,... etc. Adentrándonos en Galicia, cabe destacar, por exemplo, a obra "Ardalén" de Miguelanxo Prado, que gañou múltiples premios. Concluíndo. Os autores de banda deseñada son auténticos artistas. Debuxan e guionizan, e a velocidades inhumanas, pero nunca serán tomados en serio neste país. Espero equivocarme. ¿Como se sentirá o mestre Ibáñez tras agasallar a todos os españois con dúas personaxes dese calibre como son Mortadelo e Filemón e ver que a industria do cómic é tomada coma cousas para nenos? Posiblemente, moi triste

sábado, 22 de febreiro de 2014

Adeus a Philip Seymour Hoffman.


O pasado 2 de febreiro, un home entra no piso do actor Philip Seymour Hoffman en New York e atopa o corpo sen vida ás 11.30, hora local. Confirmouse así un medo existente, a posibilidade de que a heroína acabase coa vida dun dos mellores actores secundarios dos últimos tempos. Hoffman naceu en Fairport, estado de New York, Estados Unidos. Durante a súa mocidade asistiu a clases de teatro co que colleu gana e afán pola interpretación. A súa carreira como actor comezou na serie de televisión "Law & Order", na que interpretou o papel dun abogado defensor. Ao longo da súa carreira Hoffman ten interpretado roles moi carismáticos, así coma ten comprobado o ben que fai caer as personaxes ao público. Un caso é o seu papel de Brandt en "The Big Lebowski", película dos irmáns Cohen. Personalmente destacaría a súa interpretación do crítico musical dos anos 60 e 70 Lester Bangs, na película "Almost Famous", dirixida por Cameron Crowe. Neste filme, Hoffman non aparece durante moito tempo, pero o pouco que o fai inclina ao espectador a sentir aprezo por Bangs. Tamén é, practicamente obrigatorio, destacar a súa interpretación do xornalista e escritor Truman Capote na película biográfica, Capote, que lle valeu un premio Oscar ao Mellor Actor.
Volvendo ao fío do asunto. A policía de New York abriu unha investigación para aclarar cales foron as causas exactas do pasamento, ainda que o máis probable, segundo afirma o xornal The New York Post, é que a causa fose unha sobredose de heroína, droga á que o actor era adicto, mesmo facía un ano que estivera a pasar unha tempada nun programa de rehabilitación de heroinómanos.
Unha vez máis por desgraza a droga leva a unha gran estrela, será recordado como o excelentísimo actor que fo
i.

sábado, 1 de febreiro de 2014

A Era Do Remake



Dende os comezos da historia do cine a orixinalidade foi un dos principais alicientes deste arte. Sexa polo que sexa, dende hai uns anos, o mundo do celuloide está a optar máis por facer remakes de películas, é dicir, novas versións dunha película anterior, que por crear novas historias. Este fenómeno non é novo, por exemplo, no ano 1976 saiu A Invasión Dos Ladróns De Corpos, remake da película homónima do ano 1956, pero a realidade é que esto está a proliferar nos últimos tempos. A moda comenzou nos anos 90, nos que se puideron ver remakes que colleron moita sona, como O Cabo Do Medo, de 1991, dirixida por Martin Scorsese e cun elenco estelar (Robert De Niro, Nick Nolte, Jessica Lange e Juliette Lewis) que é un remake de O Cabo Do Terror, película do ano 1962 protagonizada por Gregory Peck. Tamén houbo outras, como A Noite Dos Mortos Vivintes (Orixinal do 1968, Remake do 1990).
Ao tema, o século XXI trouxo, na súa primeira década, moitos remakes. Entre eles, películas moi galardoadas, como Infiltrados (2006), dirixida tamén por Martin Scrosese. Esta recibiu 4 premios Oscar e é un remake da película Xogo Sucio. Tamén grandes éxitos de taquilla, coma a versión de 2005 de Steven Spielberg de A Guerra Dos Mundos, e incluso remakes de produtos nacionais, como Vanilla Sky, remake realizado por Cameron Crowe (reparto: Tom Cruise e Penélope Cruz) da película Abre Os Ollos, de Alejandro Amenábar (protagonizada por Eduardo Noriega, Penélope Cruz e Fele Martínez) ou Quarantine, remake norteamericano de REC, do director Jaume Balagueró.
Coa segunda década deste século, o mundo dos remakes non para. Entre outros: Conan O Bárbaro (Orixinal 1982, Remake 2011), Footlose (Orixinal 1984, Remake 2011), Carrie (Orixinal 1976, Remake 2013) ou Pesadelo En Elm Street (Orixinal 1984, Remake 2010).
No presente, son uns cantos os remakes que están e que veñen, coma Oldboy, remake americano dunha película homónima de 2003.
Sexa por falta de orixinalidade ou sexa por asegurar algo familiar ao espectador, a era dos remakes é case unha realidade, ainda que sempre aparecen películas totalmente orixinais e de moita calidade, como por exemplo, Orixe, de Christopher Nolan.

sábado, 18 de xaneiro de 2014

Globos de Ouro 2014


Por Xabier González.
O pasado domingo 12 de xaneiro celebrouse a gala dos Globos De Ouro 2014. Esta antesala dos premios 
Oscar esperta moita curiosidade entre os medios especializados e non tan especializados, xa que é bastante común que coincidan cos famosos e citados premios Oscar.No apartado de Mellor Película Dramática, foi "12 Anos De Escalvitude" a gañadora, na súa contraparte Mellor Película Comedia ou Musical recaeu na que sería a gran gañadora da noite: "A Gran Estafa Americana". Esta cinta completaría a noite cos premios a Mellor Actriz Comedia ou Musical, para Amy Adams, e Mellor Actriz de Reparto, para Jennifer Lawrence. Esta última, rapaza de tan só 23 anos que xa conta cun premio Oscar e dous Globos De Ouro. O outro galardón de actrices, Mellor Actriz Drama, foi para a australiana Cate Blanchett, pola súa actuación na película de Woody Allen, "Blue Jasmine".Por outra banda, a dos actores, o premio a Mellor Actor de Reparto gañouno Jared Leto pola súa actuación na película "Dallas Buyers Club", cinta pola cal tamén obtivo un galardón Matthew McConaughey, a Mellor Actor Drama. O terceiro actor gañador foi o gran e pouco recoñecido actor estadounidense Leonardo DiCaprio, pola súa última colaboración con Martin Scorsese, "O Lobo De Wall Street".O premio a Mellor Guion recaeu en Spike Jonze, por "Her", e o de Mellor Director no mexicano Alfonso Cuarón pola película de ciencia ficción "Gravity".No apartado musical, a Mellor Banda Sonora foi para Alex Elbert polo seu traballo no filme "All Is Lost", e a Mellor Canción Orixinal para o grupo irlandés U2, polo tema "Ordinary Love", composto para a película "Mandela: Do Mito Ao Home".No apartado televisivo cabe destacar o triunfo de "Breaking Bad" cos galardóns a Mellor Serie Drama e Mellor Actor Serie Drama, para o protagonista e álter ego de Walter White, Bryan Cranston.Estes premios sempre actúan como predicción dos Oscar, e a súa importancia vese moi atenuada por estes, pero, en xeral, son uns premios en ocasións máis xustos que os Oscar.

domingo, 27 de outubro de 2013

O Derradeiro Yeah.


Por Xabier González.

No ano 1965, nacía en Reino Unido The Who, un grupo formado por Roger Daltrey, Pete Townshend, John Etswille e Keith Moon que, nos seus comezos fixo música semellante á dos outros grupos da chamada Invasión Británica que ateigou os comercios musicais dos Estados Unidos de discos de grupos da Gran Bretaña, estilo que, a comezos dos anos 70 converteuse nunha mestura entre rock duro, progresivo e ópera que ninguén antes presenciara e que despois moitos outros imitarán.
No ano 2015, The Who cumprirá os 50 anos de existencia, e, con motivo deste suceso, farán a súa última xira. Si, señores, quizais en 2015 escoitemos o último berro de Roger Daltrey.
A máis que mítica banda leva, dende 2002, coa seguinte formación: Os membros fundadores Roger Daltrey (vocalista) e Pete Townshend (guitarrista), e os agregados John Bundrick (teclista), Zak Starkey (batería), Pino Palladino (baixista) e Simon Townshend, quen ademais de guitarrista rítmico é irmán pequeno de Pete. Faltan os falecidos Keith Moon e John Etswille, membros fundadores, o primeiro batería de lenda e o segundo grandísimo baixista.
Volvendo ao fío, en 2015 viviremos, por sorte ou por desgraza, a última xira desta banda. Será a derradeira ocasión para escoitar todos eses míticos temas coma My Generation, Baba O'Riley ou Won't Get Fooled Again.
Realmente, esto faime reflexionar, e pensar que quizais os vellos rockeiros non queden ahí por sempre, pero, ben pensado, Elvis leva máis de 30 anos morto, mais segue vivo na súa música.

sábado, 12 de outubro de 2013

Tarantino segue a ser moito Tarantino.

Por Xabier González.


Django Unchained é a última película do director Quentin Tarantino. Un dos westerns máis raros que teño visionado, e, á vez, o mellor que vin pasar por diante dos meus ollos. Tarantino demostra unha vez máis o ben que se lle da a acción, se ben nas súas primeiras e máis aclamadas películas (Reservoir Dogs, Pulp Fiction) as escenas de acción son curtas e concretas, dende que fixera Kill Bill aló polo ano 2001 o director estadounidense adoita crear auténticos apoteoses de acción con altas doses de sangue e moitos momentos, coma moitos definen, "inspiradores de chulería".
Jaime Foxx interpreta ao protagonista, Django, un afroamericano que sofre moi directamente as duras leis contra os afroamericanod existentes nos Estados Unidos de América na época anterior á guerra de secesión. A Foxx acompáñao un reparto dun nivel altísimo. Dende vellos coñecidos das películas de Tarantino coma Samuel L. Jackson ata otros que levan menos tempo con Quentin coma Christoph Waltz. Este último interpreta ó doutor King Schulz, un dentista un tanto insusual. A súa enorme interpretación veleulle un merecidísimo Oscar a Mellor Actor de Reparto, o segundo na súa carreira cinematográfica.
Se a esta mestura, engadimos a Leonardo DiCaprio, quen está máis que ben, e unha gran banda sonora, bo costume de Tarantino, temos unha das mellores películas do actual século XXI.
Se non che gustan os desparrames de sangue, non vexas Django, se che gustan, xa estás tardando en vela.